O director de Cogami Lugo, Juan Gude, resalta o apoio psicolóxico, físico e motor que lle brindan os voluntarios ás persoas con discapacidade. A delegación de Lugo ten neste intre dous voluntarios que colaboran de xeito permanente na aula ocupacional de persoas con grandes discapacidades, na que hai 29 persoas, e no taller prelaboral, no que hai 15. «Aos usuarios achéganlles un valor engadido porque lles sae de dentro e a súa entrega é incrible», sostén. Comenta que moita xente «vai coa idea de axudar aos demais e descobre que recibe moito máis do que dá».
«Un sentimento interior» Nese sentido, destaca que as campañas de concienciación sobre voluntariado están ben, pero que se a persoa «non ten ese sentimento interior», é difícil espertarllo. «O problema do voluntariado non é as horas porque cada un colabora o que pode. Para ser voluntario non hai que ter moito tempo, senón dedicación», conclúe.
«Nestas festas, estaría ben que a xente vise un pouco como está e como están os demais. Preto hai xente que o está pasando moi mal, e é o momento de axudar»
Manuel Veiga