O BNG vota co PSOE en Chantada para rexeitar a moción contra os recortes que apoiara na Deputación

La Voz

LEMOS

O PP presentou o martes unha iniciativa na Deputación para instar a Fomento a cumprir os prazos comprometidos nas obras da provincia. A iniciativa saiu adiante cos votos de BNG e PP, e en contra do PSOE. «Os socialistas de Lugo poñen os intereses partidistas ou a obedencia que lle deben ao señor Blanco por diante dos intereses dos veciños», criticaron os populares lucenses. A mesma iniciativa foi presentada o xoves polo PP no pleno de Chantada. A moción non foi apoiada polos socialistas, e neste caso tampouco polo BNG, como xesto de lealtade cara o seu compañeiro de goberno en Chantada. Unha decisión que os populares lle recriminaron aos nacionalistas. «Os cidadáns deben saber que hai políticos que teñen un compromiso cos cidadáns e outros que actúan por conveniencia», indicaron.