pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

crónica Camiñada poética no Courel

Unha marcha a pé desde Seoane ata Parada de Moreda homenaxeará a Uxío Novoneyra o 9 de maio

Autor:
Francisco Albo
Fecha de publicación:

Unha camiñada desde a ferrería de Seoane do Courel ata Parada de Moreda, a aldea natal de Uxío Novoneyra, homenaxeará ao poeta o próximo 9 de maio nunha iniciativa organizada á marxe dos actos oficiais que se celebrarán con motivo do próximo Día das Letras Galegas. A marcha é promovida polo mesmo grupo de admiradores que crearon hai dous anos a páxina web Uxionovoneyra.com, na que se recolleron sinaturas para pedir que o 17 de maio deste ano fose dedicado ao poeta courelao.

Os participantes concentraranse na ferrería ás once da mañá e desde alí camiñarán ata Parada, nun traxecto de tres quilómetros. Ao longo do percorrido faranse varias paradas nas que se recitarán poemas de Novoneyra. En torno á unha da tarde celebrarase un acto de homenaxe xunto á casa natal poeta no que haberá varias actuacións musicais e no que se ofrecerá a oportunidade de falar a todos os participantes que o desexen. Para poder pronunciar unha alocución é preciso inscribirse previamente nunha lista a través do correo electrónico uxionovoneyra@gmail.com. Os organizadores sinalan que é imprescindible apuntarse a fin de «distribuír os tempos en función das persoas que desexen evocar a persoa e a obra de Uxío Novoneyra». Para participar no recital poético que se levará a cabo durante a camiñata, polo contrario, non será necesario facer ningunha inscripción.

Ofrenda floral

Os actos terminarán sobre as tres da tarde cunha ofrenda floral diante da casa de Uxío Novoneyra, a cargo dun grupo de escolares do Courel. Seguidamente haberá unha comida campestre no souto da aldea. Os organizadores sinalan que cada participante deberá levar a súa comida e bebida, xa que en Parada non hai ningún establecemento onde se poidan adquirir.

Na organización desta xornada colaboran o Concello do Courel e a agrupación local de Protección Civil. Os membros desta agrupación axudarán aos participantes a estacionar os automóbiles nos arredores da ferrería. A Parada non se pode ir en coche, xa que alí só hai espazo para aparcar os vehículos dos veciños da aldea.

Os organizadores recomendan a todos as persoas interesadas en participar na marcha que teñan en conta as condicións meteorolóxicas que poidan darse na serra durante a xornada. Aconsellan levar paraugas e chuvasqueiros, pero tamén ir preparados por se o día fose de moito calor.

A páxina web creada no seu día polos promotores da homenaxe continúa activa e anuncia tamén outros actos en memoria de Novoneyra, como unha exposición fotográficaque será inaugurada o sábado -ás 19.30 horas- no Centro Galego de Barcelona.

 

ENVIAR NOTICIA  

crónica Camiñada poética no Courel

Unha marcha a pé desde Seoane ata Parada de Moreda homenaxeará a Uxío Novoneyra o 9 de maio

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Camiñada poética no Courel
A camiñada comezará na antiga ferrería de Seoane
Autor de la imagen: | ALBERTO LÓPEZ
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.