pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Tras o asasinato da súa filla, Joaquín Vázquez prestou apoio a outros perseguidos

Fecha de publicación:

O 21 de agosto de 1936 morreu asasinada a filla do capitán Vázquez, que entón exercía a docencia na localidade coruñesa de Miño. Seu propio pai escribiu no reverso dunha fotografía súa -conservada ata hoxe- que foi «fusilada por los fascistas de Puentedeume» e engadiu un escueto comentario: «¡Cobardes!».

O asasinato de Maruja Vázquez, segundo diversos testemuños, debeuse á implicación da familia en actividades políticas, sostendo posicións próximas ás do último presidente da República, Manuel Azaña. «Polo que recordan algúns veciños, parece que o capitán se culpaba pola morte da filla, xa que foi el quen a animou a implicarse na política», apunta Alfonso Campos, da asociación O Colado do Vento. O capitán Vázquez faleceu a principios da década dos 40. Durante os seus últimos anos de vida acostumaba a pasar moitas horas en soidade nun sinxelo abrigo de pedra construído xunto ao muro dunha finca nos arredores do castro de Vilaescura. O abrigo -similar a calquera refuxio de pastores- consérvase na actualidade e é coñecido como «a casiña do capitán». Pero nesa última etapa, o militar soberino tamén foi visitar persoalmente a varios veciños que vivían escondidos en diversos puntos da comarca para escapar da persecución política.

 

ENVIAR NOTICIA  

Tras o asasinato da súa filla, Joaquín Vázquez prestou apoio a outros perseguidos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.