pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

crónica Un veterano soberino da guerra de Cuba

Rescatan a figura dun militar oriúndo de Vilaescura, de ideas republicanas, que foi vítima da represión de 1936

Autor:
Francisco Albo
Fecha de publicación:

A asociación cultural soberina O Colado do Vento rescatou unha serie de documentos sobre a vida dun pouco coñecido personaxe natural da parroquia de Vilaescura cuxa biografía ofrece especial interese por estar relacionado directamente con dous dos grandes conflitos da historia española recente. Trátase de Joaquín Vázquez Fernández, un militar que foi condecorado pola súa actuación na guerra de independencia de Cuba e que bastantes anos despois sufríu a represión política da Guerra Civil, a consecuencia da cal morreu a súa filla, a mestra Maruja Vázquez Suárez.

Segundo os documentos localizados pola asociación soberina -que os está a divulgar a través do seu sitio web-, Joaquín Vázquez naceu en Vilaescura o 19 de xullo de 1867. En decembro de 1886 foi recrutado en Lugo, e destinado aos rexementos galegos de cabalería. En xaneiro de 1897 embarcou para Cuba no vapor Alfonso XII ostentando o grao de tenente e, unha vez na illa, participou en diversos combates entre as tropas españolas e os insurxentes cubanos en Guanocano, Cienfuegos, Trinidad, Sierra Alta e outros lugares.

Joaquín Vázquez regresou de Cuba despois da declaración de independencia do país caribeño e en 1899 pasou á reserva no rexemento número 38 de cabalería de Palencia. Nese mesmo ano foi distinguido como «Caballero de 1ª Clase de la Orden del Mérito Militar» en recoñecemento polo valor que demostrou nun combate rexistrado o 8 de outubro de 1897 no lugar de Loma de Mina Trinidad. En 1904 pasou ao retiro cunha pensión de 146 pesetas e 25 céntimos e desde entón, ao parecer, residiu de forma permanente en Vilaescura. O veterano foi ascendido a capitán honorífico en 1921.

 

ENVIAR NOTICIA  

crónica Un veterano soberino da guerra de Cuba

Rescatan a figura dun militar oriúndo de Vilaescura, de ideas republicanas, que foi vítima da represión de 1936

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Un veterano soberino  da guerra de Cuba
Joaquín Vázquez, a cabalo, nunha fotografía tomada en Cuba
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.