pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista | alfredo pardo hermida cineasta e presidente de chantada films «O primero corto foi un suceso porque mobilizamos á Garda Civil e a 200 veciños»

Optou aos premios Mestre Mateo co film «O labirinto ario» e produce «Garabolis», obra de Manuel Guisande

Autor:
Carlos Vázquez
Fecha de publicación:

Alfredo Pardo Hemida naceu en Chantada no ano 1972. Protexíase das súas pantasmas nun cine xa desaparecido na vila e alí xermolaría unha estreita relación coa sétima arte e que seguirá por anos.

-¿Como era aquel neno que corría a refuxiarse no Cine Yeca para escapar dos seus medos?

-Introvertido, tímido, aventureiro, inquedo e moi traste. Demasiado.

-¿Que lle provocaba aquilo?

- Historias para no dormir , de Chicho Ibáñez Serrador. Víaas a escondidas dos meus pais e algunhas chegaron a traumatizarme.

-¿De onde nace o interese que hai polo cine na súa vila?

-Televinte xogou un papel primordial no xurdimento do cinema en Chantada. De aí sacamos os medios técnicos, pero sen a ilusión para coordinar, mobilizar e producir un traballo audiovisual coma este sería imposible.

-Co termo «cinema rural underground» pretenden facer de embaixadores da súa comarca, do mundo rural, da lingua e darlle folgos á tradición. ¿Non lle parece un contrasentido empregar un anglicismo?

-Certo, pero foi por seguir cunha expresión moi estendida no cine, no cómic e mesmo noutras técnicas artísticas como o pop-art. O nome indica un selo de produto autóctono, aborixe, que conseguiu chamar a atención.

-Con ese movemento subterráneo ou «baixo terra», ¿que máis se pretende?

-Aproveitar os recursos fílmicos para construír unha realidade alternativa.

-¿E como xurdiu esa idea?

-Foi a finais dos 90 despois de ler un libro de relatos curtos do escritor brasileiro Rubém Fonseca. Soñei en converter Amarguras de un joven escritor en imaxes; coa axuda de Óscar Iglesias e David Pardo fixemos a adaptación. O conto sucedía en Brasil pero situámolo en Chantada e onde el ía a reflexionar ao mar, nós levámolo ao río Asma. Empezamos a darlle valor ao noso.

-¿Que foi o máis difícil da súa primeira rodaxe?

-Tardamos case un ano en acabar Punto e final . Apenas tiñamos medios técnicos e económicos. Sen actores profesionais, vestiario e maquillaxe, houbo que buscar aos veciños o mesmo día que se rodaba. ¡Unha loucura!

-E malia todo foi posible.

-Foi. Conseguimos mobilizar a máis de 200 veciños, á policía local, á garda civil, a protección civil e o ambulatorio. Dispuxemos duha ambulancia dos anos oitenta e incluso cortamos as rúas. Os actores eran os propios veciños. O que fai de dentista en Punto e final é un dentista de verdade, os policías son os auténticos, o médico igual e así ocorreu con todo.

-«O labirinto ario». ¿Cómo describiría esta curtametraxe coa que optou aos premios Mestre Mateo?

-É un filme esperpéntico, valente e con moito humor negro, pero onde a trama creada por Ana B. Diz, guionista e nai do proxecto, ten unha base real. Precisei de máis dun ano para documentarme buscando en libros da II Segunda Guerra Mundial, sobre o nacionalsocialismo, Franco, a parapsicoloxía e outros temas que aparecen na película.

-¿Foille complicado chegar a tantos sitios como aparecen na cinta?

-Bastante. Tivemos que solicitar infinidade de permisos e iso elevou o presuposto. Rodamos no Pazo de Tor, nos túneles do salto de Belesar, na cripta romana de Santa Eulalia de Bóveda e tamén nos arredores de Chantada.

-¿A quén lle houbera dedicado o premio?

-A toda esa xente que nos amosou o seu cariño e tamén á Xerencia da Rede Museística de Lugo por axudarnos na promoción do film.

-Na actualidade produce a película «Garabolis». ¿Que o decidiu a dar un xiro de 180 grados?

-En realidade foi o propio autor quen me animou a que probara no xénero da comedia. «Garabolis» é unha historia escrita por Manuel Guisande [xornalista de La Voz de Galicia] especialmente para Chantada Films.

-¿E de que trata?

-Trátase dunha curtametraxe muda que retrata as aventuras dun neno de doce anos que usa a picardía co desexo de chegar a rico. Está interpretada polo actor Darío Loureiro e conta coa colaboración, entre outros, de Carlos Blanco, Mela Casal e Leopoldo de Soto, un veciño da vila. A música é de Miguel Costas e o cartel debuxouno o gran Xaquín Marín.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | alfredo pardo hermida «O primero corto foi un suceso porque mobilizamos á Garda Civil e a 200 veciños»

Optou aos premios Mestre Mateo co film «O labirinto ario» e produce «Garabolis», obra de Manuel Guisande

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«O primero corto foi un suceso porque mobilizamos á Garda Civil e a 200 veciños»
Alfredo Prado con actor Darío Loureiro, que interpreta a Garabolis, nun momento da rodaxe
Autor de la imagen: | JON GONZÁLEZ

Relacionados de la noticia

 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.