pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

crónica Historia local en feminino

O BNG prepara unha exposición de documentos sobre «os traballos e a vida das mulleres» no sur lucense

Autor:
Francisco Albo
Fecha de publicación:

A área da muller da executiva comarcal do BNG recopila materiais gráficos e documentos sobre «os traballos e a vida da mulleres» nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, co obxectivo de preparar unha exposición histórica. A formación pediu a colaboración da cidadanía para recoller todo tipo de imaxes antigas que reflictan os diversos aspectos da vida da muller neste territorio.

Unha parte dos materiais recopilados ata agora dentro desta iniciativa pode verse xa na web Mulleresentresileminho.blogspot.com, que tamén é utilizada para divulgar estes documentos. Neste sitio móstranse, entre outros materiais, dúas fotografías de Maruja Vázquez Suárez, unha mestra natural da parroquia soberina de Vilaescura que foi asasinada en Pontedeume en agosto de 1936 pola súa ideoloxía republicana e o seu activismo político.

Masona e abadesa

A páxina inclúe tamén notas históricas sobre Juana Díaz Ferrer -unha monfortina de finais do século XIX que para algúns historiadores foi a primeira muller do mundo afiliada a unha organización masónica- e a abadesa Constanza Vázquez, que a principios do século XVI dirixiu o convento soberino de Lobios.

Os documentos recollidos dentro desta iniciativa, porén, non se limitan a personaxes de especial relevancia histórica, senón que tamén inclúen imaxes variadas da vida cotiá que mostran a mulleres traballando como panadeiras ou como enfermeiras, vivindo na emigración ou posando en tradicionais fotos de estudo.

O proxecto foi presentado onte pola responsable comarcal do BNG Alicia Cadarso, quen anunciou por outro lado que a súa formación presentará mocións en todos os concellos galegos para pedir á Xunta que elabore un plano de emprego para as mulleres. A formación pide tamén que se organicen actos en memoria de Rosalía de Castro con motivo do 125 aniversario da súa morte.

 

ENVIAR NOTICIA  

crónica Historia local en feminino

O BNG prepara unha exposición de documentos sobre «os traballos e a vida das mulleres» no sur lucense

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Historia local en feminino
Retrato da mestra soberina Maruja Vázquez, asasinada en 1936
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.