05 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
Antón Moreda Rodríguez, nado en San Miguel de Reinante en 1934, finou onte no San Rafael, en Castro de Ribeiras de Lea. Será enterrado hoxe, na súa parroquia natal, saíndo a comitiva fúnebre do tanatorio de Barreiros ás 16 horas. O BNG da Mariña e o de Barreiros suliñan que foi «unha figura clave no nacionalismo galego da segunda metade do século XX». O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, considerao un «referente na defensa da cultura e do idioma». Moreda emigrou a Arxentina, onde mantivo unha intensa actividade intelectual con galeguistas coma Luis Seoane, Suárez Picallo ou Alonso Ríos. O Bloque recoñece a «súa loita incansábel e desinteresada».