pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lemos
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista | xosé lois garcía escritor «Galicia coincide en moitas cousas co norte de Portugal»

O autor chantadino regresa á narrativa cun libro de relatos ambientados en terras do país veciño

Autor:
Francisco Albo
Fecha de publicación:

O escritor chantadino Xosé Lois García acaba de publicar A idade do orballo , a súa segunda obra narrativa despois do libro de relatos Xente de inverno , aparecido en 1995 e ambientado en terras de Chantada. As súas novas narracións, ilustradas polo artista Manolo Uhía, sitúanse nun escenario bastante diferente: o municipio portugués de Amarante, no distrito do Porto. A relación entre Galicia e o mundo de lingua portuguesa é unha constante na prolífica obra de García, que sobrepasa os sesenta títulos e abranxe diversos xéneros literarios.

-¿Por que sitúa os seus relatos nese lugar concreto de Portugal?

-É unha terra que coñezo e aprecio hai moitos anos e onde teño moitos amigos. Hai tempo publiquei un estudo sobre o románico desa zona e coñezo bastante ben as súa historia e as súas tradicións. Estas narracións escribinas hai anos, a maioría delas foron redactadas directamente en portugués e algunhas foron publicadas na revista Cadernos do Tâmega , que se edita en Amarante. Son textos que xa levaban un tempo a durmir nunha gaveta, pero a editorial Everest quixo publicar unha obra narrativa miña e interesouse por estas historias.

-¿Este libro ten similitudes con «Xente de inverno»?

-Ten certo parecido, porque tamén son relatos sobre personaxes populares e tradicións deses lugares nos que se mesturan a realidade e a ficción. Neste libro hai máis ficción que en Xente de inverno, que se basea en grande parte en personaxes e sucesos reais de Chantada nos anos corenta e cincuenta. Nas narracións de A idade do orballo aparecen personaxes históricos reais, como o escritor Camilo Castelo Branco ou o bandoleiro Zé do Telhado, pero sucédenlles cousas imaxinarias. Noutros casos, os protagonistas son personaxes inventados, como o cazador Paulo Bordalo e o cociñeiro Carlos Malhoa, pero as súas vidas sitúanse nun contexto histórico real.

-¿Non pensa facer unha edición portuguesa desta obra?

-Publiqueina en Galicia e en galego porque así mo pediron, aínda que algúns dos relatos foron escritos en portugués e publicados en Portugal, como xa dixen. Non tería problema en editar o libro en portugués se mo pedisen, pero aínda non o fixeron.

-¿Hai moitos paralelismos a cultura tradicional galega e a da rexión onde sitúa os seus relatos?

-Galicia coincide en moitas cousas con todo o norte de Portugal: historia, paisaxe, tradicións, toponimia... Non hai que esquecer, por exemplo, que o río Támega, que aparece nalgún dos relatos deste libro, é un río que nace en Galicia.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | xosé lois garcía «Galicia coincide en moitas cousas co norte de Portugal»

O autor chantadino regresa á narrativa cun libro de relatos ambientados en terras do país veciño

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Galicia coincide en moitas cousas co norte de Portugal»
García mestura realidade e ficción na súa nova obra
Autor de la imagen: | A. LÓPEZ
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lemos
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.lemos
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lemos
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.