«En Chantada, unha persoa portadora do VIH non llo di a ninguén»

LEMOS

Luis Taboada Gómez «Xire», sacou onte de novo a rúa o posto do comité anti Sida de Chantada. Era o día mundial da loita contra esta enfermidade.

-¿Cando empezou con estas actividades?

-Hai cinco anos, por ser consciente das inxusticias que hai no mundo co tema da Sida. Vin que compría moita información, que a información non chega chegar a todos do xeito adecuado. Un exemplo, aínda hai un bó número de usuarios de locais de alterne que  non se mollan en informarse, ou que non lles chega a información sobre o risco de contaxios. Por outra banda está a industria farmaceutica, que en países pouco desenvolvidos non liberaliza as fórmulas para medicamentos xenéricos.

-¿Como afronta esto a sociedade dunha vila como Chantada?

-En Chantada hai xente para todo. Polo que vexo, moitos achéganse ao meu posto e collen información e condóns, a pesar do día, que chove e fai frío. Pero na vila unha persoa portadora do VIH, polo que me consta, non llo dí a ninguén. É verdade que a sociedade mostra rechazo en moitos ámbitos.

-¿O comité ten máis actividades ao longo do ano?

-A única é a do día da Sida. Algunha vez intentei poñer a miña mesa de información o día da feira do viño, no o fixen por que tampouco teño moita axuda da administración e outras entidades.