Dentro do labor de Olga Novo como filóloga e crítica literaria ocupa un importante espazo a obra do protagonista do próximo Día das Letras Galegas, Uxío Novoneyra, ao que dedicou un ampo estudo.
-¿Novoneyra segue tendo moito influxo na cultura galega aos dez anos da súa morte?
-A obra de Novoneyra é unha poesía intemporal, fundada na verdade poética e da vida, ademais de posuír unha extraordinaria calidade literaria, e por iso non perde actualidade co paso do tempo. Un aspecto que me parece moi importante é que, sendo unha poesía moi culta, leva moi dentro a Galicia rural e labrega. Novoneyra viu chegar o proceso de esboroamento do mundo rural que estamos a vivir hoxe e soubo preservar na súa poesía a beleza e a dignidade dese mundo.
-¿A súa obra ten o recoñecemento que merece fóra de Galicia?
-Os autores que escriben en linguas minorizadas nunca teñen o recoñecemento que merecen, sempre vai ser moi relativo. Novoneyra foi traducido a varias linguas e a súa obra ten unha difusión importante en lugares como o País Vasco, pero penso que é máis importante que dentro de Galicia aprendamos a lección que nos deixou.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios