pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lemos
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Alianza de cine e cómic

O cineasta chantadino Alfredo Pardo recrutou a un debuxante de «El Jueves» para o cartel do seu novo filme

Autor:
Francisco Albo
Fecha de publicación:

A curtametraxe O labirinto ario , realizado pola produtora Chantada Films e rodado en boa parte no pazo monfortino de Tor, xa ten cartel oficial. O traballo foi realizado polo artista murciano Pedro Vera, debuxante de cómics e colaborador habitual da célebre revista satírica El Jueves , e desde o luns está a disposición dos responsables deste proxecto cinematográfico.

A colaboración de Pedro Vera foi solicitada polo chantadino Alfredo Pardo, director do filme, que segue regularmente o traballo deste artista. «Sinto moita afinidade coa súa obra e coa súa maneira de ver a vida e por iso decidín pedirlle que nos deseñase o cartel», explica. «Envieille o guión da película, gustoulle e accedeu a facernos ese traballo, poñendo como única condición que non lle metésemos presa», agrega.

Volver á tradición

Pardo é partidario de recuperar a vella tradición de anunciar os filmes con carteis debuxados, que ao seu parecer «resultan moito máis atractivos que as fotografías retocadas co ordenador». Para a anterior película de Chantada Films, Punto e final , contou coa axuda de Nazario Luque, outro debuxante de cómics cuxa obra foi divulgada sobre todo pola desaparecida revista El Víbora . «Parecéme adecuado que os letreiros sexan de debuxantes de cómics, porque son medios de expresión con moitas similitudes», comenta.

O cartel de Pedro Vera acompañará a estrea do filme en Chantada, que se celebrará no telecentro local o 4 de xullo, ás seis da tarde, e as presentacións nos diversos festivais de cine aos que será enviado O labirinto ario . Un deles será o Filminho, que se celebrará en xullo en Tomiño e a localidade portuguesa de Vila Nova da Cerveira. A película, que se subtitulará en castelán e inglés para favorecer a súa difusión fóra de Galicia, será editada tamén en deuvedé.

 

ENVIAR NOTICIA  

Alianza de cine e cómic

O cineasta chantadino Alfredo Pardo recrutou a un debuxante de «El Jueves» para o cartel do seu novo filme

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Alianza de cine e cómic
O cartel foi realizado polo debuxante murciano Pedro Vera
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lemos
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.lemos
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lemos
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.