O sector vinícola é unha prioridade para o Concello da Pobra do Brollón. De feito, as actuacións céntranse en mellorar certas infraestructuras.
-¿En qué áreas da ribeira se está traballando?
-Estamos levando a cabo unha mellora nas pistas e nos accesos a viñedos na ribeira de Vilachá.
-Tamén hai unha aposta seria por traballar en favor das parroquias.
-Así é. Dispoñemos dunha serie de partidas económicas para o arranxo de varios locais sociais. As actuacións céntranse agora mesmo no adecentamento dos de Óutara e Piño. Consideramos que son obras necesarias, porque nestes locais é onde se reúnen os veciños das parroquias.
-¿Hai algunha nova sobre o futuro polideportivo?
-Como xa comentei noutras ocasións desde que se producíu o cambio de goberno na Xunta de Galicia descoñecemos que vai pasar coas actuacións que estaban previstas para o noso municipio. O polideportivo é unha prioridade. Estamos esperando o que nos din os actuais gobernantes.
-¿Segue a ser o Plan Xeral de Ordenación Urbana unha asignatura pendente?
-Así é. Hai un compromiso serio para retomalo por parte das forzas políticas do municipio. É unha necesidade e unha prioridade.
-Faga unha invitación para que o público veña as festas.
-Animo a todos a acudir ao Corpus. Disfrutarán dun programa variado.