David vázquez Cineasta chantadino
O realizador televisivo David López dirixiu no 2006 a súa primeira curtametraxe, Empantanados , filmada en terras de Chantada, que chamou a atención en diversos festivais. Esta fin de semana rodará a súa segunda película, As almas do Fental , que incide na temática do abandono do medio rural galego.
-¿Esta segunda película será unha continuación da primeira?
-Teñen cousas en común, pero esta será bastante diferente. Empantanados falaba das aldeas que desapareceron cando se construíron os grandes encoros. Este novo filme terá un só personaxe, o último habitante dunha aldea que quedou sen veciños, como están quedando abandonados hoxe tantos lugares. Eu veño do mundo rural e preocúpame esta situación.
-¿A filmación farase nunha verdadeira aldea deshabitada?
-Non. A rodaxe será nunha aldea da ribeira de Chantada e a historia sucede nunha aldea imaxinaria chamada O Fental, que representará as verdadeiras aldeas galegas que se quedan vacías. Quixen reflectir o abandono das aldeas nun filme de ficción, porque ata agora non se fixeron en Galicia películas sobre este asunto, aínda que hai algún documental. Eu puxen a idea xeral e o guión escribiuno Elena dos Santos, que é de Pantón.
-¿Pensa seguir facendo cine?
-Teño incluso o proxecto de facer unha longametraxe, aínda que non sei se será posible. Pero teño moi claroque quero seguir rodando curtas.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios