pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lemos
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Cine, música, letras e estrelas en Tor

O pazo monfortino acollerá a fin de semana unha serie de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos

Autor:
Francisco Albo
Fecha de publicación:

O pazo monfortino de Tor, dependente do Museo Provincial de Lugo, acollerá desde o venres ata o luns unha serie de actividades que servirán para conmemorar ao mesmo tempo o Día das Letras Galega, o Día Internacional dos Museos e o Ano Internacional de Astronomía. O programa de actos non se desenvolverá unicamente no pazo, senón que tamén incluirá un itinerario cultural pola provincia.

As actividades comezarán o sábado ás catro da tarde, cunha visita guiada polo histórico pazo. Ás 18 horas ofrecerase unha sesión de contacontos a cargo do coñecido actor Cándido Pazó, baixo o título O espectáculo da palabra . Ás nove da noite celebrarase a preestrea da curtametraxe O labirinto ario , producida pola firma Chantada Films e dirixido por Alfredo Pardo, que foi rodada o pasado ano no pazo monfortino e noutras localizacións do sur lucense.

Unha hora máis tarde presentarase Nai , o primeiro disco do músico fonsagradino Xoán Curiel, que combina o uso do galego con ritmos étnicos de todo o mundo. Seguidamente, sobre as dez da noite, comezará un obradoiro de observación do ceo nocturno que será dirixido por Francisco García, membro da Agrupación Astronómica Lucense. Esta última actividade dependerá en grande medida das condicións meteorolóxicas que se rexistren a esas horas.

O domingo, por outro lado, os visitantes do pazo serán obsequiados con libros e poderán participar nun percorrido guiado en autocar que discorrerá polo Museo Provincial, o museo da fortaleza de San Paio de Narla (Friol) e o Museo do Mar de Cervo. A saída será ás nove da mañá e retorno, arredor de doce horas despois. Os participantes só deberán abonar a comida -que se fará en San Cibrao- e deberán inscribirse previamente chamando ao teléfono 982????165????534. O número de prazas ara a viaxe, loxicamente, é limitado.

 

ENVIAR NOTICIA  

Cine, música, letras e estrelas en Tor

O pazo monfortino acollerá a fin de semana unha serie de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cine, música, letras e estrelas en Tor
Un momento da rodaxe en Tor de «O labirinto ario», que se preestreará o sábado no pazo monfortino
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lemos
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.lemos
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lemos
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.