ROSANA LÓPEZ Secretaria da Asociación Pro Bico de Leite
Segundo a Asociación Española de Pediatría, que acaba de presentar o Manual de lactancia materna. De la teoría a la práctica, só o 20% das mulleres españolas dan o peito aos seus fillos ata os seis meses. Sen embargo, tal e como afirma Rosana López, a secretaria da Asociación Pro Lactancia Bico de Leite, estes datos hai que miralos con lupa.
-¿Cómo valora esta información?
-Penso que é moi optimista, porque o que recomenda esta Asociación de Pediatría é a lactancia materna exclusiva ata os seis meses. Isto quere dicir que o bebé non precisa de ningún outro alimento. Estes datos pode ser que inclúan as lactancias mixtas, co cal a porcentaxe real de alimentación só a base de leite materno ata os seis meses pode ser incluso inferior.
-¿É difícil prolongar o período de lactancia?
-Na empresa privada tes que contar coa súa colaboración. En moitos casos as mulleres o que fan é xuntar as vacacións coas horas de lactancia ás que tamén temos dereito e así se deben reclamar.
-¿Algún proxecto en marcha?
-Fedegalma vai poñer en marcha a mediados deste ano en colaboración coa Asociación Galega de Escolas Infantís, unha serie de conferencias polas principais cidades galegas onde haxa grupos de apoio, para falar da lactancia materna nas garderías e presentarlles o Manual de manipulación, extracción e conservación de leite materno.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios