O alcalde e os concelleiros dimitiron en bloque

La Voz

LEMOS

O 6 de abril, por encontrarse enfermo, ou alegando esta circunstancia diante do arresto acordado, o alcalde, Laureano Álvarez Pereira, encargou a Xoán Carreira quedase ao fronte do goberno local, e ao tempo participou que no día anterior os membros do Concello adoptaron acordo renunciando aos cargos que os individuos que o compoñen se achan investidos, rogando encarecidamente a vostede que tendo en conta os especiais motivos en que se funda se sirva prestar a súa conformidade ao expresado acordo, e designar coa brevidade que lle sexa posible as persoas que han de remplazalos.

E na defensa da súa integridade moral e política, Álvarez Pereira envioulle ao gobernador o seguinte comunicado. «Esmagado o decoro e prestixio da autoridade de alcalde deste distrito, que viña exercendo por medio do incualificable arresto do que ten noticia, sen protesta dos meus superiores quedo privado das condicións esenciais para desempeñar aquel cargo, e cometería unha imperdoable indignidade, se non me apresurara a facer renuncia do mesmo. A delicadeza e penetración da súa señoría non se lle ocultan os imprescindibles motivos que me impulsan a formulala e polo tanto non dubido se servirá admitirma, non tanto por deferencia a miña insignificante persoa, senón polo decoro e brillo que debe resplandecer nos cargos públicos».