O 26 de abril, restituído na súa honra e coa solidariedade da Corporación que lle deu o seu apoio unánime, unha nova comunicación amosa que as augas voltaron ao rego. «Por motivo de xusta deferencia as atentas e benévolas frases que que vostede se digna comunicarme no seu oficio do 22 do actual e prendado da rectitude e bondade coa que me ten distinguido, acordei desistir da renuncia de alcalde que formulara e encargarme da presidencia deste concello».
Exemplo
A Corporación de 1874 e o seu alcalde, Laureano Álvarez, escribiron, sen dúbida a mellor páxina de lealdade ás súas conviccións e de defensa da dignidade inherente á súa representación cidadá.
O rexedor sarriao queixábase tamén ao gobernador do retraso na valixa do correo por peón, que en teoría tería que chegar as nove da noite e que no no facía ata a unha da madrugada.