pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lemos
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Robótica e leite para que os nenos descubran a ciencia

Alumnos de varios centros educativos participan en Lugo en obradoiros e xornadas divulgativas

Autor:
C. López
Fecha de publicación:

Medio cento de alumnos de quinto de Primaria do colexio lucense Maristas A Inmaculada foron onte os primeiros en descubrir o labor investigador da Aula de Produtos Lácteos dentro do proxecto Ga-láctica e no marco dunha nova edición da Semana da Ciencia. Despois deles pasaron polas instalacións do citado centro os escolares do CEIP A?????Ponte.

Ademais de coñecer a actividade investigadora da citada Aula, os escolares puideron degustar algúns produtos lácteos e coñecer así as características de cada un. Por outra banda, durante a súa estancia na planta piloto coa que conta o centro puideron coñecer en vivo e en directo o funcionamento das diferentes tecnoloxías que se empregan para a elaboración dos distintos produtos lácteos. Eles mesmos foron quen de preparar algún.

Con pezas de Lego

Noutro punto da cidade, concretamente nas aulas do parque infantil de tráfico, outros estudantes, estes procedentes de colexios e institutos das catro provincias galegas, empezaron a familiarizarse coa linguaxe da robótica e a participar en pequenos grupos na montaxe e programación dun robot móbil empregando para iso unha serie de pezas de Lego.

Ademais de divertirse e de pasalo ben, que de iso ten moito este obradoiro, os alumnos enfróntanse a unha serie de desafíos. Se conseguen superalos é posible incluso que obteñan unha recompensa, xa que os proxectos que leven a cabo poden ser premiados no concurso galego de robótica.

En calquera caso, o milleiro de escolares que pasarán por este obradoiro, que tamén forma parte da Semana da Ciencia, veñen dispostos a demostrar que saben traballar en equipo e resolver problemas científicos.

 

ENVIAR NOTICIA  

Robótica e leite para que os nenos descubran a ciencia

Alumnos de varios centros educativos participan en Lugo en obradoiros e xornadas divulgativas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Robótica e leite para que os nenos descubran a ciencia
Alumnos de ensino medio observan un pequeno robot nun obradoiro didáctico
Autor de la imagen: | ÓSCAR CELA
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lemos
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lemos
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.