21 ago 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
A pesares de recoñecer que «nunca na vida pensei que tería que explicar publicamente a miña vida privada», María Xosé Vega Buján quixo saír onte ao paso das «reiteradas críticas» do grupo provincial do PP ao seu departamento e ás súas ausencias nos plenos provinciais e noutros actos da Deputación. Ausencias que xustificou pola súa baixa por maternidade múltiple, ampliada en dous meses por tratarse dunha adopción internacional.
Vega manifestou que «o PP ten un problema serio, non cre na igualdade nin na conciliación da vida laboral e familiar, o cal non me sorprende nun grupo provincial no que non hai ningunha muller. Aos populares válelles todo, pero eu penso que en política non todo vale».