O BNG de Quiroga pide ao Concello que apoie aos traballadores das pizarreiras

La Voz

LEMOS

O BNG pediu ao goberno municipal que manifeste o seu apoio aos empregados das empresas pizarreiras Pebosa e Ferlosa que, segundo afirma esta formación, «levan case tres meses sen cobrar as súas pagas». Os nacionalistas din que estas firmas fan «recaer as primeiras dificultades sobre os os traballadores» e esixen ao alcalde, Julio Álvarez, que «reclame das outras administracións que presionen con todos os recursos ao seu alcance ás empresas para que cumpran coas súas obrigas».

En días pasados, o sindicato UGT formulou similares críticas e pediu á inspección de Traballo que investigase a situación dos traballadores das referidas empresas.