Javier Medela é o presidente da asociación de Amigos do Folión de Carros de Chantada. Declarada festa de interese turístico, este festexo conta nos últimos anos cunha asistencia de 20.000 personas...
-¿Cantas carrozas particiapan nesta edición?
-Este ano desfilarán un total de nove, delas seis serán plataformas e tan só tres carros do país, que son máis difíciles de conseguir.
-¿E como os conseguiu?
-Pois foi o Concello quen intercedeu diante dos donos dos carros, e logo púxoos a nosa disposición. Nós encargámonos de repartilos, e tamén proporcionamos a loxística para preparalos. Os que queiran montar unha carroza só terán que poñer a man de obra.
-¿Cree que afecta aos animais o peso dos carros e os desniveis do percorrido?
-Os animais non sofren no percorrido do Folión, iso só é un mito ao que recorren algúns. Un propietario nunca alugaría o seu animal se poidese resultar danado.
-¿Como vai o proxecto do museo etnográfico?
-Nós temos todo o necesario para poñelo en marcha, cada un dos carros que temos podería ser exposto nel. Agora tratamos de sacalo adiante coa axuda do Concello pero polo momento non é posible.