A Pobra do Brollón recibirá unha axuda para adquirir un camión de recollida de lixo

La Voz

A POBRA DO BROLLÓN

O goberno local da Pobra do Brollón asinará un convenio coa Consellería de Medio Ambiente para adquisición dun camión destinado á recollida de residuos sólidos urbanos. A solicitude desta axuda foi formulada recentemente pola concelleira de Medio Ambiente, Monserrat Macía, ao delegado provincial da mencionada consellería.

Os responsables municipais sinalan que o convenio permitirá a renovación dun equipamento o que Concello non podería asumir polos seus propios medios.