A cabalo polo Camiño Sur

LEMOS

A asociación Cabaleiros do Deza inicia hoxe a primeira viaxe ecuestre pola ruta histórica, de Quiroga a Lalín

19 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Cerca de sesenta xinetes iniciarán hoxe, entre Quiroga e Monforte, o primeiro percorrido colectivo a cabalo que se leva a cabo no Camiño do Inverno, unha iniciativa que promove a asociación Cabaleiros do Deza, que con anterioridade xa organizou cabalgadas por todas as demais rutas xacobeas galegas. «Esta era a única que nos faltaba e como ninguén a fixera aínda a cabalo, pensamos que xa era hora de facelo nós», comenta os responsables da asociación.

O percorrido ecuestre comezará en Quiroga sobre as nove da mañá e terminará en Monforte entre as sete e sete media da tarde. Os participantes cubrirán nesta primeira etapa un tramo de más de 31 quilómetros polos municipios de Quiroga, Ribas do Sil, A Pobra do Brollón y Monforte. Unha vez concluída a xornada, as cabalgaduras descansarán no recinto do mercado gandeiro monfortino, mentres que os xinetes pernoitarán en instalacións hostaleiras da cidade, onde compartirán ademais unha cea no Club Fluvial, organizada co apoio do Concello de Monforte.

Novas etapas

A viaxe a cabalo polo Camiño de Inverno continuará mañá polo tramo que vai de Monforte a Chantada, de 28,6 kilómetros. A terceira e última etapa do percorrido levarase a cabo o venres entre Chantada e Lalín, nun tramo de 25 quilómetros.

Na organización da ruta ecuestre, ademais do Concello de Monforte, colaboran os de Chantada, Rodeiro e Lalín e a Federación Hípica Galega. A iniciativa inaugura nesta ruta unha modalidade de peregrinación ou de viaxe turístico-cultural moi habitual en todos os itinerarios xacobeos. Ata agora, a maioría dos percorridos promocionais por esta ruta fixéronse a pé, combinados en certas ocasións con autocares. A empresa de cicloturismo Tour'n'ride anunciou xa hai tempo a súa intención de crear unha ruta turística en bicicleta por este itinerario, un proxecto que está hoxe en preparación.