pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Chantada revive o mito bravú

Centos de personas participan nos actos programados no novo Castañazo Rock. Unha mesa redonda analiza a escena actual

Autor:
Carlos Cortés
Fecha de publicación:

«Un chute nacional de autoestima emocional e de ansia emocional». Iso foi o rock bravú en palabras de Xosé Manuel Pereiro, monfortino, xornalista e cantante de Radio Océano, un dos grupos percursores daquel movemento nacido en 1994 na cantina da aldea chantadina de Viana. A descripción de Pereiro figura na folla promocional de 120 capadores , o disco homenaxe aos Diplomáticos presentado onte en Chantada nun dos actos programados dentro do novo Castañazo Rock.

As cancións do disco, revisións de letras do grupo que liderou Xurxo Souto desde o barrio coruñés de Montealto, abriron a media tarde o festival e deron paso a unha mesa redonda que se celebrou no hotel Mogay. Moderado por Belén Regueira, presentadora do programa Extrarradio da Radio Galega, no coloquio participaron Xosé Manuel Pereiro, Xurxo Souto, a xornalista María Yáñez, o crítico literario Xosé Manuel Eiré e o escritor Xavier Valiño. Faltaron o xornalista Santiago Jaureguizar e o escritor Manuel Rivas, que a última hora tivo que marchar a Arxentina por razóns de traballo.

No debate, seguido por unhas duascentas personas, Xurxo Souto recordou que o manifesto fundacional do bravú foi ideado na cea previa ao segundo Castañazo Rock baixo a dobre premisa da distorsión musical e o idioma galego, «o que nos caracterizaba a todos por riba de disquisicións ideolóxicas ou formais máis espesas». Para Pereiro, o do bravú foi o triunfo do auténtico contra a música «de plástico» dominante ata os primeiros noventa.

Como a maioría dos participantes na mesa redonda, Xavier Valiño evitou lamentar o esmorecemento de todo aquilo. «O bravú durou o que tiña que durar», pero relacionou aqueles anos coa vitalidade da actual escena musical en galego. «A efervescencia de agora pare de aí», dixo. Porén, o chantadino Xosé Manuel Eiré, que repasou a efímera pegada do bravú na literatura, si bota en falta un maior grao de compromiso ideolóxico nos grupos novos. «O bravú case foi unha milagre -retrucoulle María Yáñez-, e hoxe a situación tende á normalidade, con tendencias moi diversas; antes había pouco público e moito fan e hoxe pasa o contrario».

Ao tempo que empezaba a mesa redonda, abrían no mercado gandeiro os postos das discográficas e distrbuidoras que participaron na primeira edición da Feira do Disco Galego, outra das convocatorias do novo castañazo . A presenza de público no recinto do campo da feira foise incrementando a medida que avanzaba o día. Ás nove da noite estaba previsto o arranque do acto central do día, o concerto cos grupos Rastreros -reunidos de novo para a ocasión-, Os tres trebóns. Ruxe Ruxe, Motor Perkins, Zënzar e Os Cuchufellos.

 

ENVIAR NOTICIA  

Chantada revive o mito bravú

Centos de personas participan nos actos programados no novo Castañazo Rock. Unha mesa redonda analiza a escena actual

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Chantada revive o mito bravú
| ALBERTO LÓPEZ
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lemos
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lemos
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd