«É difícil promover o uso dun idioma que está todo o día detrás da pancarta»

La Voz

GALICIA

04 feb 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Alleo ás polémicas, García lembra que do mesmo xeito que ninguén quere comprar unha vivenda con problemas xudiciais, os conflitos tampouco axudan á promoción da lingua.

-¿Que lle pareceu a recomendación do Valedor de que se retirara un libro porque só recollía o galego como lingua propia de Galicia?

-O Valedor ten a súa función e evidentemente a legalidade hai que cumprila. En todo caso é un problema menor, e suscitou un debate que non era máis que facer unha aclaración a unha folla dunha páxina dun libro.

-Galicia Bilingüe defendeu as propostas de Feijoo na campaña, pero agora critica o decreto do ensino. ¿Pensa que é unha postura extrema?

-Galicia Bilingüe ten o seu propio funcionamento. É unha asociación que ten por finalidade intervir na lingua. Se teñen algún plan para promover o galego eu non teño ningún problema en falar con eles. Nós estamos aquí para promover o galego, iso téñoo claro, e se algún obxectivo teño é alcanzar un certo grado de pax lingüística. É moi difícil promover o uso dunha lingua que está todo o día metida en preitos e detrás da pancarta. Sobran ámbitos nos que todos podemos traballar a prol do galego.