«A sociedade ten que ver que resolvemos problemas»

La Voz

GALICIA

24 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Mato tiene experiencia en gestión. No solo como director xeral de I+D+i (área adscrita al BNG en el bipartito), sino también porque fue vicerrector de esa área entre 1999 y el 2005, tras pasar por el decanato de Biología y la dirección de departamento. Trata de hacer visible su conocimiento del mundo de la investigación y promete reducir el gasto de la Universidad en diez millones.

1O meu traballo principal é poñerme a traballar nun novo plan de financiamento 2010-2015 coa Xunta. Sabemos que as propostas van na liña do proposto por Ángel Gabilondo. Queremos que se poña enriba da mesa unha cantidade que se achegue á media do Estado, por dignidade. A cifra ideal son 400 millóns ao ano. Pero queremos que parte diso non sexa incondicionado, que vaia ligado a obxectivos que se poidan medir. Ademais, esforzarémonos en captar recursos noutros sitios, como os fondos europeos do programa marco 2007-2013. Isto xa son palabras maiores, porque son moitos fondos que reverterían na sociedade galega.

2 Queremos facilitarlles as cousas ás empresas, por exemplo captando cartos do Fondo Tecnolóxico de Empresas, do que corresponden 500 millóns a Galicia. Faremos un plan pioneiro para plantexar dende a Universidade a medición de transferencia de coñecemento e de tecnoloxía que vaia máis aló dos cartos que factura cada grupo ou as patentes que ten. Iso serve para que a xente visibilice que resolvemos problemas. Queremos analizar como é a viaxe de cada euro da Universidade.

3 Somos unha Universidade xeralista, pero cunha forte compoñente tecnolóxica. Hai que aproveitar isto para potenciar os outros grupos, utilizando a intelixencia cooperativa. Por exemplo, aproveitando a importancia crecente da lingua (e os filólogos) nas telecomunicacións, podemos ligar eses dous ámbitos. Debemos potenciar as nosas singularidades.

4 Quero que a posición do reitor sexa colexiada, adoptada no claustro. Temos que fortalecer as titulacións propias e utilizar a intelixencia cooperativa coas outras universidades galegas para que o Sistema Universitario de Galicia sexa un único ente, e forte.

5 É clave conseguir xerar unha imaxe de marca da Universidade de Vigo. Temos que obter financiamento á marxe da convocatoria do campus de excelencia internacional. Debemos lograr ese selo, pero se non o temos, faremos unha estratexia para que o campus do mar sexa un paraugas único para potenciar outros elementos de futuro como as escolas de posgrao, dar personalidade administrativa aos centros de investigación ou potenciar programas de mobilidade e alianzas.