pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.galicia
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Entrevista | AGUSTÍN HERNÁNDEZ CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS «É vital poñer orde no urbanismo para evitar futuras demolicións»

O membro do Executivo de Feijoo con máis atribucións confía no consenso coa oposición para artellar unha nova estratexia que perdure no tempo

Autor:
Mario Beramendi
Fecha de publicación:

Algúns téñeno bautizado como o triconselleiro, pero Agustín Hernández (Madrid, 1961), enxeñeiro de Camiños, prefire fuxir da grandilocuencia. Agora leva tres áreas que durante a lexislatura do bipartito estaban en tres departamentos distintos.

-O urbanismo é a grande asignatura pendente. Seis de cada dez concellos non teñen plan xeral. ¿Que está a facer o seu departamento?

-Esa realidade é froito de moitas razóns. Nos noventa a prioridade eran as infraestruturas, a Xunta carecía dunha estrutura administrativa para apoiar aos concellos e moitos municipios non tiñan capacidade nin técnicos para facer un plan. E ao final o resultado para Galicia é o que é.

-¿Cal?

-Un auténtico desastre en canto a ordenación do territorio. Pero iso é xa sabido.

-¿Como o van resolver?

-Hai consenso para sacar adiante as directrices de ordenación como cerne ou paso previo para aprobar un gran pacto polo territorio. Coido que iso témolo claro todas as forzas do arco parlamentario. E esta cuestión non vai entrar na loita política.

-Pois a oposición di que as directrices non estarán ate despois das municipais para evitar custes electorais...

-Iso non é así. Neste tema vai haber consenso coa oposición e coa Fegamp. En absoluto. Imos aprobala antes das eleccións. Pero houbo un problema na tramitación ambiental e non queríamos levar adiante un documento que podería ser recorrido.

-¿Por que Galicia é incapaz de debullar un marco estable de ordenación que perdure con independencia da cor do Goberno?

-Estamos buscando unha Lei do Solo co consenso necesario para que ninguén a modifique no futuro. Queremos pechar un gran acordo no primeira metade da lexislatura.

-Pero aínda non falaron cos axentes sociais...

-Farémolo en breve.

-A semana veu marcada polas demolicións de A Guarda. ¿Quen é o responsable destas desfeitas?

-É complicado. Trátase dunha cuestión onde está involucrada a propiedade. A carga subxectiva e sentimental é brutal. Pero na Guarda estamos a falar de actuacións da Administración que arrancaron no ano 2000. É certo que hai unha licenza que non se axusta a dereito.

-¿Non foron permisos dados segundo un plan aprobado pola propia Xunta?

-No 2001 a Xunta lle comunicou ao Concello que estaba dando licenzas que non se axustaban ao marco normativo. É importante e vital poñer orde no urbanismo para evitar vivir dentro de dez anos futuras demolicións, que son froito dos abusos urbanísticos dos concellos, que son os que deron as licenzas. É dicir, procesos que non foron legais nin se poden agora legalizar.

-¿Por que se executan derrubamentos en vivendas unifamiliares e se manteñen en Vigo 2.000 pisos con orde de demolición?

-A Administración actúa con criterios homoxéneos e de equidade. Os pasos son iguais para todos. No caso que cita non se deu o último paso. Téñense demolido vivendas que non son unifamiliares. Dicirlle a un señor que teño que tirar a súa casa para executar unha sentenza é un trago malísimo.

-¿Quen vai indemnizar aos veciños?

-Iso vaino determinar a Xustiza. Pero é evidente que teñen dereito a que lle reparen os danos porque déronlles unha licenza onde non podían.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | AGUSTÍN HERNÁNDEZ «É vital poñer orde no urbanismo para evitar futuras demolicións»

O membro do Executivo de Feijoo con máis atribucións confía no consenso coa oposición para artellar unha nova estratexia que perdure no tempo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«É vital poñer orde no urbanismo para evitar futuras demolicións»
Agustín Hernández asegura que comunicar unha orde de derribo é un trago persoal «malísimo»
Autor de la imagen: | PACO RODRÍGUEZ

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.galicia
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.galicia
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.galicia
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.