pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.galicia
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Indice de contenidos

«O 100% das materias troncais non poden ser en galego»

Fecha de publicación:

Na actualidade estase a traballar no borrador do novo decreto do galego, aínda que o único que confirma o conselleiro é que as materias troncais non se impartirán só en galego.

-¿As materias troncais serán metade en galego, metade en castelán?

-Determinarase no decreto. Estase traballando no borrador que se vai presentar ao presidente da Real Academia Galega, a partidos e a outros grupos.

-¿As declaracións do presidente da RAG estiveron fóra de lugar?

-Non entro a valorar declaracións. Penso que o PP vai a promocionar o galego e vai a loitar por que a xente o fale, pero dun modo libre e sen imposicións.

-¿Coñecía casos de alumnos acosados por non falar galego como dicía Galicia Bilingüe?

-Casos hainos de todos, pero son excepcións. O que si é certo é que o propio Valedor do Pobo fixo referencia ás protestas que había respecto das escolas infantís, e tamén chegan queixas a esta consellería. O que había era un malestar xeneralizado, iso ninguén o dubida. Hai grupos que levan demandando un cambio, xusto dende que se pon en marcha un decreto, que ademais é imposto por un grupo minoritario, que llo impón ao outro grupo co que cogobernaba.

-O que está claro é que se vai reducir a porcentaxe de galego con respecto á situación actual.

-O que esta claro é que o 100% das materias troncais non poden ser en galego, que foi o que xerou as protestas.

-Ao final vaise axudar aos directores a tramitar as becas de libros de texto. ¿É unha marcha atrás?

-Cos directores non temos máis que agradecemento. Pero nestes anos viñan protestando porque o sistema de préstamo lles dera unha carga de traballo enorme. Nós unicamente lles pediamos este ano colaboración, porque tiñamos falta de tempo para ingresar os cartos previamente aos pais. Por iso nalgúns momentos non entendemos a actitude dalgúns directores que teñen unha clara orientación política, que se están deixando influenciar para tratar de desmontar un sistema que un 74% dos pais aplauden.

-¿Haberá o ano que vén un aumento do umbral da renda para dar axudas para libros?

-Se o ano que ven hai máis desemprego, teremos que poñer máis cartos enriba da mesa para axudar a esas persoas que o precisen. Pero repito, a xente de menos renda non lle pode pagar cos seus impostos á xente de máis renda.

 

ENVIAR NOTICIA  

«O 100% das materias troncais non poden ser en galego»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.galicia
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.galicia
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.galicia
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.