pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.galicia
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Indice de contenidos

jesús vázquez abad Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria «Hai un ataque ao ensino público que non se recorda en Galicia»

Despois dunha semana «quente», o responsable de Educación valora positivamente o inicio de curso, no que segundo el houbo máis incidencias políticas ca educativas

Autor:
Elisa Álvarez
Fecha de publicación:

Jesús Vázquez afirma que está a vivir un inicio de curso tranquilo. Os sindicatos non comparten a súa opinión, pero o responsable de Educación da Xunta acusa á oposición de orquestrar toda unha campaña contra o ensino público en Galicia.

-Di que foi un comezo tranquilo, pero ata houbo unha folga nas escolas de idiomas.

-É o ano de menor número de incidencias se falamos de cuestións puramente educativas. Se lle unimos cuestións e movementos políticos, a sensación pode ser diferente, porque hai unha serie de partidos intentando provocar esa sensación.

-¿Vai retirar a circular que provocou a folga nas escolas de idiomas?

-Non. É unha circular que cumpre coa normativa que existe. O único que estamos facendo é intentar crear un modelo de ensino de idiomas avanzado. Non estamos a facer nada que non exista noutra comunidade española. De feito, hai sindicatos que non se uniron á folga, que tivo un 50% de participación, non de todo o profesorado.

-¿Entón os docentes antes non cumprían o horario?

-O que ocorre é que había unha circular do último ano do conselleiro Celso Currás onde se falaba de impartir docencia a tres grupos de 4,5 horas. Iso era o que se estaba facendo con carácter xeral. O único que estamos a dicir é que, igual que en toda a secundaria, agora impartirase docencia a catro grupos de 4,5 horas. É o mesmo que está a pasar con todo o profesorado.

-¿A oposición está avivando aos sindicatos?

-Rotundamente si. O din os mesmos sindicatos, que nunca se viu nada parecido en Galicia. Hai unha reacción moi contraria ao que é un Goberno lexitimamente elixido nas urnas, e hai un claro interese político en facer dano ao Goberno de Núñez Feijoo a través da Consellería de Educación. Existen uns movementos políticos por parte do PSdeG especialmente, e por parte do BNG, que están utilizando todos os seus instrumentos para facer dano á educación con mentira tras mentira.

-A propia consellería recoñecía un descenso dun centenar de docentes de pedagoxía terapéutica (para nenos con problemas). ¿Non é reducir custes cos máis débiles?

-É imposible ter quince días antes do inicio das clases a todo o persoal colocado. É unha práctica habitual que conforme comeza o curso vaise adicando profesorado ás necesidades que xorden. Nestes momentos aínda se están asignando docentes nos centros onde os comités de orientación din que existen necesidades.

-¿Pode afirmar entón que a plantilla deste curso vai ser máis ampla que a do pasado?

-Nestes momentos só en primaria hai máis de 200 profesores a maiores. E non pode ser menor, porque en primaria, infantil e FP o número de alumnos incrementouse.

-¿Teme unha folga xeral do ensino durante este curso?

-Non, é imposible porque o sentir da rúa non é ese. Se falamos de cuestións educativas, é o ano co menor número de incidencias. Outra cousa é que detrás de cada reunión que se mobiliza en vilas ou comarcas sempre se pode ver a persoas, militantes e a cargos de partidos políticos. Estase producindo un ataque ao ensino -ademais ao público- por parte destes partidos que non se recorda en Galicia.

 

ENVIAR NOTICIA  

jesús vázquez abad «Hai un ataque ao ensino público que non se recorda en Galicia»

Despois dunha semana «quente», o responsable de Educación valora positivamente o inicio de curso, no que segundo el houbo máis incidencias políticas ca educativas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Hai un ataque ao ensino público que non se recorda en Galicia»
Vázquez di que coas protestas contra a súa consellería só se tenta facer dano ao Goberno de Feijoo
Autor de la imagen: | PACO RODRÍGUEZ

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.galicia
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.galicia
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.galicia
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.