«O anterior decreto non se cumpriu en ningún centro»

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

A experiencia de Pilar Reino Lampón coordinando o equipo de normalización lingüística (ENL) do Instituto Xelmírez I, de Santiago de Compostela, faille ser escéptica ante as medidas recollidas no novo decreto. Asegura que sen un compromiso máis decidido por parte de Administración non se cumprirá a norma.

-O noso traballo é organizar actividades e promover iniciativas tendentes a mellorar a imaxe da lingua galega e a promover o seu uso.

-Non sabemos nada. Polo de agora non recibimos ningunha orde, e hai que ter en conta que é agora cando se organiza o curso. Se se lle enche o horario ao profesorado, logo non se poderán facer actividades.

-Estou por asegurar que o anterior decreto non se cumpriu en ningún centro, porque non houbo apoio da Administración.

-Na miña opinión só se hai un compromiso máis decidido por parte da Administración, promovendo a formación e o material en galego, cousa que se fai cando unha materia se imparte en inglés, por exemplo.