O sitio web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, www.xunta.es/linguagalega incorpora novo material de descarga coincidindo coa volta do curso escolar. Entre estes recursos están diversas utilidades, como etiquetas para identificar os cadernos e libros ou un horario escolar que pode cubrir o usuario.
A dirección en Internet do departamento do Goberno autónomo tamén ofrece carteis galeguizados de rebaixas, descontos, liquidación por peche ou reformas, ademais de sinais de prohibición de fumar ou de zonas habilitadas para o consumo de tabaco. Todos eses materiais se poden descargar dende a páxina web de xeito gratuíto para poder imprimilos.
Entre os recursos dispoñibles tamén se atopan ideas para o tempo de lecer. Entre elas están receitas sinxelas para que os pequenos poidan dar os seus primeiros pasos na cociña. Tamén hai invitacións para os aniversarios, con imaxes dos Bolechas. Incluso hai postais de felicitación, todo sempre en galego.
A páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrece, ademais, una ampla información sobre o idioma galego e sobre a súa perspectiva e situación, ademais de convocatorias e axudas.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios