pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

COLAPSO AÉREO «Foi un erro, caemos na trampa do Goberno como ratas»

Susana Romero, controladora aérea no aeroporto de Lavacolla, di que o que pasou hai unha semana non pode volver a suceder nunca e que o seu colectivo fixo o papel de «parvo útil»

Autor:
Nacho Mirás
Localidad:
santiago/la voz.
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

«Nunca tivemos o control da profesión -di-, é unha das mentiras que se están contando». Susana Romero García (Santiago, 1969), controladora aérea desde o ano 98 e destinada en Lavacolla desde o 2002, sae na defensa do colectivo do que forma parte ante o que considera manipulacións, verdades a medias ou directamente mentiras que se están a transmitir estes días.

-Pois si que se ten dito que son un colectivo endogámico, con poder de decisión sobre quen entra e quen non...

-Iso é tremendo. Os meus amigos controladores o son a posteriori, antes non coñecía a ningún, nin tampouco teño ningún familiar. Na TVG contaron que o 80% estabamos emparentados, cando realmente é un oito, supoño que foi un erro. O número é bastante similar a outros colectivos, como os mestres ou a sanidade. A última proba do exame que fixen eu para entrar foi cunha psicóloga que era, daquela, a xefa de recursos humanos de Aena. ¿Como din que temos nós o control? Iso é demostrable. Agora si que vai ser unha profesión para elites, previo pago de 50.000 euros.

-É consciente de que son os «malos malísimos» para a opinión pública, para os partidos políticos...

-Si, conseguimos unir a todo o mundo.

-¿E como se defende?

-O que sucedeu o venres, coa xente que non foi traballar, non pode volver a suceder nunca. Preguntaba alguén o outro día ¿Volverá a suceder no Nadal? Nin no Nadal nin nunca, ninguén quere ver esa situación. Somos profesionais e non che gusta verte cuestionado e xulgado desta maneira. Agora dámonos conta de que foi un erro, caemos na trampa do Goberno como ratas. Se Rubalcaba sabía realmente que isto podía pasar, é moi grave que non fixeran nada. Creo que fomos parvos útiles, unimos a todo o mundo contra nós e conseguimos desviar a atención sobre outros problemas, ao meu ver, máis importantes. É moi grave que a xente non poida viaxar, entendo a indignación da xente e ten todo o dereito do mundo. Pero tamén penso que se está desviando a atención botando balóns fóra da situación económica real do país.

-Describa a súa situación laboral...

-Teño redución de xornada, son nai dunha nena pequena. As horas de redución que, por suposto, non me pagan, tampouco computan na xornada laboral, téñoas que devolver; a calquera outro traballador si que lle computan, incluso a traballadores de Aena. Eu xa fixen as 1.670 horas. Legalmente, non podemos traballar máis. Houbo xente que non puido máis, persoas que entraron en estado de pánico.

-¿Todos á vez?

-Non foron todos á vez. Houbo xente que continuou traballando, xente que soubo autocontrolarse mellor ou illarse da situación. Foi Aena a que pechou o espazo aéreo, non fomos nós.

-¿Por que todo comezou en Santiago?

-Porque hai unha carencia histórica de controladores que Aena nunca recoñeceu ata este ano, que nos dá a razón en privado, non en público. E digo en privado porque crea once prazas novas. Once prazas novas nunha plantilla tan pequena é un 40%. Se realmente non hai necesidade de plantilla, un 40% máis non ten sentido. O resto, pois, estamos a facer as horas desas once persoas que aínda non están traballando. Este verán estivemos traballando menos persoas das legais para poder dar un servizo normal. Ao meu entender, iso atenta contra a seguridade. Temos presentado denuncias ante a Axencia Estatal de Seguridade Aérea, ante a axencia europea e ante Aena, sen ningún tipo de resposta. Eu mesmo teño unha denuncia posta no xulgado.

-¿Que hai deses supostos salarios elevadísimos?

-Eu non cobro nin 200.000 [euros ao ano] nin 100.000 e, se vou cobrar esa cantidade que di o ministro, é unha gran noticia; vaime subir considerablemente o salario. Que demostren que minto. Faise moita demagoxia cos nosos salarios.

-¿E por que non contraatacan con transparencia?

-En controladoresaereos.org podes ver unha nómina dun controlador de centro de Canarias que cobra uns 5.900 euros. Os controladores das torres cobran menos. Se hai quen cobra esas cantidades que din, que o investiguen.

-¿Ten medo polo seu posto?

-Ningún. Eu superei a xornada anual. O que sucedeu é un precedente moi grave para os dereitos laborais do resto dos colectivos.

 

ENVIAR NOTICIA  

COLAPSO AÉREO «Foi un erro, caemos na trampa do Goberno como ratas»

Susana Romero, controladora aérea no aeroporto de Lavacolla, di que o que pasou hai unha semana non pode volver a suceder nunca e que o seu colectivo fixo o papel de «parvo útil»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.