«Hai sectores que mesmo precisan adiantar a idade de xubilación»

La Voz

ECONOMÍA

Aguión lembra que lonxe de adiar a xubilación, hai sectores que precisan que se adiante.

1. Non estamos de acordo coa proposta. Hai colectivos que polas súas especiais condicións de traballo mesmo precisarían unha anticipación da idade de xubilación, cuestión que levamos bastantes anos a defender en sectores como o da pesca, a construción ou o transporte.

2. Non. O marco actual conta con abondos mecanismos de flexibilización do mercado como para formular propostas dirixidas a abaratar o despido.

3. Comisións defende que hai marxe para o endebedamento público, o que permitiría continuar as políticas sociais e as axudas ás empresas.