17 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
É unánime o rexeitamento sindical ás medidas propostas por Fernández Ordóñez.
1. Os problemas da nosa economía non son achacables ao sistema de pensións, senón á caída da economía e do emprego a causa da crise financeira mundial. Hai que lembrar que a contía das nosas pensións é das máis baixas da antiga Europa dos quince.
2. Propostas como abaratar o despido ou intensificar a moderación salarial son as que nos levaron á situación actual. Incido en que a orixe da crise non se atopa no mercado de traballo.
3. Todo o contrario. Na actual situación, o gasto público ten que dar a talla para protexer aos sectores desfavorecidos. É hora das políticas públicas.