pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.dinero
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

«É indubidable que haberá novos empresarios galegos no sector»

Fecha de publicación:

A entrada do empresariado galego no sector eólico é unha das teimas da Consellería de Industria. O feito de que os proxectos industriais que necesariamente terán que ir asociados ás peticións de novos parques de aeroxeradores podan estar vinculados a outros sectores que non garden relación co vento é considerado entre os operadores clásicos coma unha porta de entrada para industriais galegos dispostos a investir nas enerxías renovables. En España, case todas as grandes construtoras apostaron nos últimos dous anos, e de xeito especial co reponte da crise do ladrillo, por desviar fondos a este sector incipiente. -Estase a dicir que un 50% dos megavatios en xogo poderían reservarse para os empresarios galegos. ¿É certa esta teoría? -Eu son o conselleiro de Industria e estamos a falar dun concurso público. Só podo dicir que os mellores proxectos serán os que se leven os megavatios. Pero é indubidable que haberá novos empresarios galegos no sector. Estou convencido de que o que haberá é un problema de overbooking. E nós o que queremos é respectar as zonas Natura galegas e contar con proxectos industriais atractivos para o país, sexan ou non do sector eólico. -¿Ten noticias das apostas industriais nas que están a traballar as distintas empresas que concorrerán ao concurso? -Algunha delas pediron consultas á consellería e me constan e o que podo dicir é que haberá sorpresas e proxectos moi interesantes que se van coñecer moi pronto. -¿Por que esta aposta pola enerxía eólica? -O petróleo acábase e a enerxía e o uranio tamén. As enerxías renovables son a única aposta sensata de futuro. Poucos países poden dicir que produzan xa un 50% de enerxía que consumen, como lle ocorre a Galicia. E o noso obxectivo é chegar ata un 95%, xuntando o sector eólico co da enerxía solar e a biomasa. Ese é o noso reto.

 

ENVIAR NOTICIA  

«É indubidable que haberá novos empresarios galegos no sector»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.dinero
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.dinero
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.dinero
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd