«Nós levamos de serie o traballo pero precisamos un empuxón»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN/LA VOZ.

RODEIRO

Mila Fernández pasa estas vacacións coa súa familia en Rodeiro, onde viaxa sempre que ten unhos días libres para disfrutar da compaña dos seus

08 ene 2011 . Actualizado a las 02:00 h.

Mila Fernández, naceu en Pedroso (Rodeiro) fai 37 anos. Psicóloga de profesión, dende fai mes e medio é deputada no Parlamento de Cataluña por Les Terres de L'Ebre. Milita en Unió Democrática de Catalunya dende o 2000 onde levou a cabo diversas tarefas de responsabilidade política, tanto no ámbito das xuventudes, como agora no campo da acción política social e intercomarcal do partido. Leva dez anos residindo en Tortosa co seu marido, Eduard Fornos, e o seu fillo de catro anos. Estes días pasa as vacacións de Nadal coa súa familia no Deza.

-¿Cómo foi parar a Cataluña?

-Fun por traballo e para formar unha familia.

-¿Cánto tempo leva nesto da política?

-Empecei fai unhos dez anos, pero sempre fixera política de servizo ata o de agora, levo un mes escaso de deputada e hasta a semana que ven aínda non sabrei as comisións que me asignan. (Seu marido, Eduard, que está o seu lado, conta que el milita dende os 17 e confesa que foi el quen enrolou a Mila nesto).

-¿Qué tal a experiencia das eleccións?

-Moi boa. Na comarca na que me presentaba ten 52 municipios, éramos catro candidatos e fomos a tódolos concellos. En Tortosa fixemos o porta a porta. Son 40.000 habitantes. Foi un traballo intenso.

-¿Mereceu a pena?

-En Tortosa tivemos un 40%, como en toda Cataluña. O resultado si que mereceu a pena, A sociedade depositou unha esperanza en nós. Levábamos catro anos preguntando a sociedade as súas demandas. Íamos as asociacións de empresarios e de todo tipo a preguntar, e tamén a xente podía aportar as súas suxerencias a través da páxina web. O resultado foron 1.000 propostas que saíron da rúa. A xente o recibiu moi ben. Era o cambio que eles querían. Agora temos que adicarnos a facelo realidade.

-¿Qué levaban no programa?

-Entre outras cousas a redución da Administración de quince a doce consellería e a redución do 25% de cargos de confianza, persoal eventual e altos cargos, que xa é unha realidade. Outro cambio que se fixo foi o nombramento de conselleiros con perfil profesional, se optou máis pola vía técnica.

-¿Cómo acabou de candidata?

-O partido me fixo a proposta. Todos o teñen claro, pero a verdade é que os galegos necesitamos un empuxe, nos costa creen nas nosas posibilidades. Logo imos a traballar e somos supervalorados. Os galegos temos de serie o amor polo traballo, nos esforzamos moito. Iso se nota. De feito pese a crises, alí a xente galega que coñezo ten traballo. Somos os que somos daquí os que o conservamos.

-Despois de saír elixida e aínda que é moi cedo ¿pensa seguir na política?

-É moi cedo para dicir. A experiencia está sendo moi positiva, permíteme facer cousas diferentes, ter unha implicación directa e comprometida co progreso do lugar onde vivo. Estou moi ilusionada co proxecto. Todo o que vin de momento gústame. Estarei estes catro anos, e logo xa veremos.

-¿Qué meta se marca?

-Estou moito máis ilusionada do que pensaba. Penso que podemos reducir o paro e o fracaso escolar e teño a confianza de que poderemos facer pequenas cousas con moitos beneficios para os cidadáns.

-¿Vaise adicar por enteiro a política?

-Vouno compaxinar coa consulta de psicoloxía privada coa que empecei fai un ano. Tentarei compaxinar as dúas cousas.