O cadro de Alberto Miguélez mídese esta noite na casa ao Teucro nos cuartos da Copa Galicia

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

29 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Embutidos Lalinense BM Lalín de Primeira Nacional toma esta noite o relevo da selección española sobre a pista do Lalín Arena. O cadro que dirixe Alberto Miguélez recibe (21 horas) ao Teucro nos cuartos de final da Copa Galicia de Balonmán.

Carlos Durán será a única baixa de Miguélez para recibir ao equipo pontevedrés, que estivera exento de xogar a fase previa da Copa, unha rolda na que o BM Lalín se impuxera ao Porriño.

Aínda que o Teucro poida partir como favorito por categoría, o equipo lalinense sairá ao partido buscando a vitoria. «Será unha boa oportunidade para ver o noso nivel de competitividade, e os aspectos nos que estamos máis verdes», apuntou Alberto Miguélez. O adestrado aposta por unha defensa sólida e por ser máis consistentes en ataque.

A anécdota do partido

Os irmáns Marco e Borja Fernández compartirán esta tarde a pista do Lalín Arena, pero farano con camisolas diferentes, xa que o extremo defende as cores do BM Lalín, mentres o central volve á casa como xogador do Teucro.