O Clínica Deza visita ao líder, o invicto Seis do Nadal

La Voz

DEZA

16 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Clínica Deza Xabañús visita esta tarde (20.15 horas) ao Seis do Nadal de Primeira Autonómica. O cadro de Paco Vilariño enfróntase ao líder, que aínda non coñece o que é ceder puntos esta tempada, e faino coa única dúbida de Jorge Gulías, que arrastraba un proceso gripal.

Para tentar colleitar puntos na pista do líder, o Clínica Deza tentará mellorar defensivamente, logo de que no partido co Tirso a retagarda dezá ofrecera unha pobre imaxe. Se o Xabañús consegue facer unha correcta labor defensiva, terá opcións, pero sempre e cando non lle permita ao Seis do Nadal marcar a pauta. Os lalinenses temen que o parón da semana pasada lles pase factura.