Sociedades de caza da zona participan nun estudo sobre a fauna salvaxe na comunidade
DEZA
O xabarín galego non padecen tuberculose. Conclusión que se extrae do analise de mostras recollidas en parte en Deza
15 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.O Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia ven pulsando a saúde da fauna salvaxe mediante un estudo, no que colaboran diferentes sociedades de caza e pesca galegas, entre elas varias das comarcas.
Os colectivos de cazadores de Lalín, Forcarei, Silleda, A Estrada e Río Ulla «vimos colaborando neste estudo dende anos atrás, pero foi en Ortigueira onde se iniciou o proxecto a través dos veterinarios. Ata o momento o estudo está centrado no xabarín», salientou o presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda José Antonio Pena Fernández. A colaboración das sociedades consiste en «sacarlle as vísceras aos xabaríns, tomarlles mostras de sangue e a cabeza. Os veterinarios comarcais son os que se encargan logo de recoller todo isto, que mantemos en contenedores específicos, e que será obxecto de analise». Un estudo do que se extrae a perfecta saúde que posúen os xabaríns en Galicia.
«A saúde do xabarín é inmellorable. Aquí non hai casos de tuberculose. En Doñana, por exemplo, o 30% da colonia está afectada por dita enfermidade. Agora -segundo se desprende dunha reunión mantida onte- o estudo se vai ampliar ao raposo. Por certo que tamén se fixo xo corzo e aparece como sano, sanísimo. No caso de mortes naturais ou atropelos de animais salvaxes -como nutrias ou visóns- que atopamos tamén llelos remitimos aos veterinarios para analizalos», explicou Pena Fernández.