pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista | manuel sánchez, «pino» promotor da concentración de ford focus «Cada dous meses estaremos nun dos concellos da zona»

A Bandeira acolle hoxe os actos centrais dunha reunión na que estarán uns trinta coches de Deza e Tabeirós

Autor:
Silvia Rial
Localidad:
lalín |
Fecha de publicación:

A Bandeira acolle na xornada de hoxe a segunda concentración de Ford Focus. Manuel Sánchez Pino , un dos organizadores, comentaba onte o programa previsto para a xornada de hoxe. «Á unha do mediodía está prevista a concentración na Praza da Feira da Bandeira. Ás 15.00 horas terá lugar a comida, para xa as 18.00 horas facer algo de turismo visitando os arredores do Concello de Silleda. Ás 19.30, visitarase a área recreativa da Carixa para xa entorno ás 21.30 - 22.00 horas clausurar o acto no bar Arume».

-Concentración de Focus, que características ten este modelo para terlle adicado unha concentración?

-Ben, a idea xurdiu por iniciativa miña, porque o Ford Focus resultou ter sido o coche máis vendido durante o ano 2007 e ademáis porque ten un modelo estrela que é moi novidoso, o modelo RS. Pero tamén pola magnífica relación calidade/precio.

-A vostede concretamente que versión do Ford Focus lle gusta máis?

-A verdade é que o modelo que máis me gusta en canto a estética é o XR, en parte imaxino que tamén será porque é o que teño eu (risas).

-Son moitos os participantes desta edición? E cal é o obxectivo da mesma?

-Pois este ano hai uns 30 vehículos anotados dos concellos da Estrada, Silleda, Vila de Cruces e Lalín. Como a concentración é a nivel comarcal, o obxectivo non e outro máis que coñecer todos os concellos da zona. Deste modo, estaremos cada dous meses nun concello distinto. Para novembro está previsto que estemos cos Focus en Vila de Cruces.

-Os participantes son na sua maioría homes ou mulleres?

-A verdade é que son máis homes, mozos entre os 19 - 40 anos acompañados das súas parellas. Aínda que o ano pasado, temos que agradecer moito a participación de Carmela Cochón que encabezou a concentración por ter o modelo de Focus máis novo e por ser a primeira muller que participaba.

-Requírese algunha característica especial do coche para participar na concentración?

-Non, o único requisito é que sexa un Focus. Resulta moi interesante que haxa Focus das distintas xeracións. Tamén hai cabida para o tunning.

-Coñece algunha outra concentración deste coche, e cal é a súa maneira de publicitala?

-Non, a verdade é que esta é unha iniciativa única. Pero unha iniciativa que lle vai dar turismo aos concellos que visitemos. Porque en parte é algo que buscamos, dar gañancia ao concello. A mellor maneira de promoción é o boca a boca, aínda que Internet xoga un papel importante.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | manuel sánchez, «pino» «Cada dous meses estaremos nun dos concellos da zona»

A Bandeira acolle hoxe os actos centrais dunha reunión na que estarán uns trinta coches de Deza e Tabeirós

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Pino di que elexiron o Focus por ser o máis vendido no 2007 e polo RS
Autor de la imagen: | M. M.
Pino di que elexiron o Focus por ser o máis vendido no 2007 e polo RS
Autor de la imagen: | M. M.
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.