Os soldos dos alcaldes

Aurelio Fernández Villaverde

DEZA

Analizando os recortes dos soldos dos alcaldes dos concellos, como presidente de Independientes Progresistas por Silleda, chamóume a atención que o de Dozón se negara a dito recorte. Entrevisteime con él e penso que ten a súa lóxica, cando me explicou que se lle asignara un soldo mínimo e de ahí que xa a rebaixa estaba feita.

Adolfo Campos contóume que fora un emigrante e que retornou ao seu pobo, supoño que con uns cartiños, e de ahí montou as súas empresas. Ten catro gasolineiras e a fábrica de penso Nucamsa. E logo chegou a ser alcalde polo PP. Felicitoo pola súa valentía. E así leva tantos anos de alcalde. Pero aparte, as súas empresas xeneran centos de postos de traballo.

Entendo que así o pobo votouno porque o fai ben. No seu Concello manda él, porque non se deixa manipular nin por Mariano Rajoy, nin por Feijoo, nin polo presidente da Deputación, nin polo seu colega e alcalde de Lalín. E así é como ten que funcionar un Concello, así de ben.

Pero en cambio o Concello de Silleda é o revés. Botaron vinte anos Juan Salgueiro e José Fernández Viéitez, ex alcaldes, e sempre se deixaron manipular. E así nos foi os silledenses, na ruina e na bancarrota.

O PP arruinou a Semana Verde que agora é tercermundista. Tanto como luchamos os delegados de zona, pedindo cartiños polas parroquias para a Fundación, pero tamén arruinou o agricultor.

O PP de Silleda busca candidato e non o atopa, pero penso que ten a súa lóxica. Supoño que haberá alguén, pero o poñer as condicións así non o aceptan. Por que os ex alcaldes o parecer aínda están vivos, e eso é un atranco para o candidato que buscan.

De momento está o Toxa, porque o puxeron os foráneos, pero non pinta nada porque sabemos ben quen é o Toxa. Pero se fora o candidato, sería un choio para os outros partidos que nos presentamos.

E recordando os ex alcaldes teño que decir que polo menos na Bandeira, Juan Salgueiro aínda fai algunha obra social, facendo de sacristán, e eso ten o seu mérito veciñal. Pero o outro ex alcalde, Fernández Viéitez, non sabemos que foi del. Para mín, Silleda aínda ten arreglo.