Alonso Montero: «Balbino é un marxista, un marxista das silveiras»

La Voz

DEZA

27 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

As múltiples perspectivas para analizar a figura de Xosé Neira Vilas e a súa obra Memorias dun neno labrego reflictense dende onte nas xornadas que se desenvolven na aula da Uned de Lalín, ademais de servir para analizar os cambios en Galicia. «Neira Vilas é un pretexto pero Balbino é o texto», dixo o catedrático de Literatura Galega e membra da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, quen destacou o impacto do libro do escritor de Gres nos 60, sobre toda a partir da segunda edición no 68, a primeira publicada en Galicia, que el prologou. Calificou o libro como «un beizón na literatura galego».

Para Alonso Montero, que se definiu como un «propagandista da novela», «Balbino é un marxista, un marxista das silveiras». Lembrou como nunha reunión clandestina do Partido Comunista na súa casa entregou varios exemplares, «que foi moi importante para a súa difusión».

A súa exposición encontrou réplica. Un dos organizadores, preguntoulle a Alonso Montero -depois de dicirlle que o tutearía «se mo permite»- que no éxito da obra tambén influirá a identificación da xente do rural con Balbino. O catedrático -que antes de nada dixo que o estaba obrigando a permitirlle que o tuteara e incidiu nas diferencias de «ti e o vostede» e a necesidade de marcar distancias- respondeu que «todo o que fixemos non o poderíamos facer sen o valor da narrativa», e engadiu «nos primeiros anos nas aldeas lérono moi pouco».

O catedrático e membro da RAG, Xosé Luis Axeitos destacou que «na literatura galega non hai nenos como Balbino. Rosalía puxo palabra a unha dor e Neira Vilas puxo en escena, en primeiro plano, ese rapaz». Destacou que a obra de Neira Vilas «é unha reivindicación de ese outro tipo de exilio, eses perdedores, eses que teñen que traballar» e engadiu que o escritor representa a unión entre «exilio e emigración».

As xornadas, que abriu onte a directora da Uned en Pontevedra, Beatriz Rodríguez, acompañada por o concelleiro lalinense, Román Rodríguez, así como membros da organización e o propio Xosé Neira Vilas, terán continuidade ata mañá. A directora da Uned en Pontevedra destacou que «Balbino forma parte de todos nositros» e apostou por incrementar a oferta en Lalín. Neira Vilas destacou que «é gratificante» que colleran a súa obra para facer un estudio dunha comarca e da sociedade e non dudou en apuntar algunhas anécdotas da obra, ademáis de deixar claro que non é autobiográfico. Así, dixo que o empezou a escribir o 21-5-60 e estaba impreso o 20 de decembro, aínda que despois lle puxeron data do 61. «Tuvo unha resonancia que nunca pensei», asegurou, para engadir que o primeiro que o ía lendo era o do bar onde o escribía. A segunda, foi a súa muller, Anisia Miranda, e despois Dieste e Luis Seoane.