«Veñen tempos difíciles nos que haberá que aplicar medidas austeras»

La Voz

DEZA

28 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O decano de Bioloxía afirma que representa «unha opción auténticamente independente de cambio».

1. Hai un grave problema económico que afecta directamente a todas as actividades esenciais da Universidade. Por outra banda, a implantación dos másteres foi un caos e haberá que traballar moito neste tema. Ademais, hai un déficit democrático na toma das decisións importantes da universidade. Hai unha clara falta de liderazgo e unha posición de debilidade ante o poder político. Hai plantillas de profesorado descompensadas. Hai unha falta de ilusión en moita xente da universidade... E podería seguir.

2. A primeira é a de mudar as formas de gobernar e xerar ilusión a toda a comunidade universitaria para que se implique nun proxecto de cambio. A segunda, é que haberá que reflexionar sobre os problemas e os retos que ten a USC para nuns casos tomar as accións necesarias e noutros facer propostas á comunidade universitaria, chegar a acordos e poñelos en marcha.

3. Eu votei a favor dos orzamentos por responsabilidade e porque representaban o mal menor fronte a prórroga, que sería un imposible cuasi metafísico porque no 2010 hai menos cartos que no 2009. O novo equipo de goberno terá que traballar con estes orzamentos e cunha marxe de manobra baixa e sobre todo terá que preparar os orzamentos para o 2011 e negociar o novo plan de financiamento coa Xunta. En todo caso, veñen tempos difíciles nos que haber que aplicar medidas de austeridade e priorizar os gastos.