«Ademais do plan de financiamento, hai que ver os cadros docentes»

La Voz

DEZA

28 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Apoiada pola plataforma do actual reitor, Senén Barro, Mercedes Brea ten como prioridade a mellora dos cadros docentes e das condicións laborais na USC.

1. Todos lle vemos os mesmos problemas: o financiamiento e ter un plan axeitado coa Xunta, a adaptación a Boloña e unha maior atención ás persoas. Hai un desencanto xeralizado e temos que implicar a todos para que a Universidade se manteña nun lugar elevado, porque agora a USC é das mellores de España en investigación. Temos que prestar atención a todos os grupos e ámbitos de coñecemento, porque parece que só se potencian catro ou cinco. Hai que coñecer e potenciar as fortalezas e corrixir as debilidades. Tamén hai que facer unha análise no ámbito administrativo, porque hai que reaxustar a xestión ás circunstancias e novas normativas, o que implica atender a cambios permanentes.

2. Non é que sexa a miña prioridade, pero esta aí. O plan de financiamento ten como previsión que se comece a negociar arredor do mes de xullo. O máis inmediato é iso pero tamén hai que estudar cuestións relacionadas cos cadros docentes, cos profesores acreditados para obter unha cátedra, que vai pasar cons investigadores con contratos Ramón y Cajal ou Parga Pondal ou o escalonamento das xubilacións.

3. Hai que saber ben en que se gasta, porque temos os gastos fixos dunha plantilla ben asentada e do mantemento de edificios históricos. Ao mellor hai que estudar outra serie de datos para ver se é posible recurtar e cambiar a xestión.