pub
LVDG_PUBLICIDAD:megabanner:edi.deza
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.deza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista | antón sobral iglesias artista «A Carballeira da Crespa será un obradoiro de creatividade»

Ao primeiro Encontro de Arte e Natureza de Lalín, a celebrar dende o venres, asistirán artistas lusos e galegos

Autor:
Amelia Ferreiroa
Fecha de publicación:

A Asociación Cultural A Tarabela de Lalín anunciara, no seu calendario de actividades, un Encontro de Arte e Natureza. O primeiro Lalinarte, que se celebrará os vindeiros días 26, 27 e 28 de febreiro, e que estará dirixido polos artistas pontevedreses Rosa Fernández Caamaño, Fernando Lafuente e Antón Sobral.

-¿Como xurde a posta en marcha desta actividade en Lalín?

-Os encontros de arte e de natureza é un traballo que levo facendo por varios puntos de Galicia. En Lalín contades cunhas carballeiras e cuns bosques tan fermosos que había que aproveitalos. Logo está a asociación Tarabela e Chispón que traballa arreo aí e pensamos que podiamos facer algo en conxunto. Así naceu a idea levar a cabo este encontro en Lalín, máis concretamente na Carballeira da Crespa que pasará a ser un gran obradoiro de creatividade.

-Unha vez situados en dita carballeira, ¿que farán os participantes?

-Pois en vez de pintar imos recoller follas e todo tipo de elementos que nos permita crear unha obra creativa, pero sempre dende o respeto á natureza. Cos elementos que atopemos poderemos facer fotografía ou escribir tal como fixemos xa na Illa e en Soutomaior e, como facemos todos os anos en Camelle como lembranza a Man. O encontro consistirá pois nunha sesión visual e teórica de aproximación as experiencias de land art, realizadas en Galicia pero tamén noutras partes do mundo. Proxectaremos material que ven a describir o proceso artístico dos máis importantes artistas neste eido, e o sábado será cando se levarán a cabo as obras.

-¿É un encontro só para artistas?

-Para artistas e para persoas interesadas en participar. Sei que, ata o momento, xa están anotados artistas de Vigo, Santiago, A Coruña, un de Lisboa e tamén xente de A Tarabela. Hai un máximo de trinta prazas e penso que algunha aínda queda. Para os que estamos a cotío pegados ao cemento é unha magnífica oportunidade para pisar algo diferente. É unha oportunidade para escoitar o que nos poida decir unha carballeira, ollar formas e texturas, ramas, troncos e flores.

-¿O resultado do encontro exporase posteriormente?

-Intentaremos facer unha mostra na Tarabela pero o que sí faremos será un video e tamén un traballo de documentación sobre o encontro.

-¿E se prosigue a choiva?

-O encontro celebrarase igual. Os artistas tamén debemos mollarnos.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | antón sobral iglesias «A Carballeira da Crespa será un obradoiro de creatividade»

Ao primeiro Encontro de Arte e Natureza de Lalín, a celebrar dende o venres, asistirán artistas lusos e galegos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«A Carballeira da Crespa será un obradoiro de creatividade»
Antón Sobral dirixirá un encontro aberto a amigos da natureza
Autor de la imagen: | ANA GARCÍA
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.deza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.deza
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.deza