«Afianzámonos como primeiro sindicato agrario»

Amelia Ferreiroa

DEZA

Leva vintetrés anos sendo secretario xeral de UU. AA. e opta a seguir séndoo, considera que non é momento de cambios

18 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Sindicato Unións Agrarias celebrará mañán venres e o sábado, en Santiago, o seu oitavo congreso ao que se prevé asistan os ministros José Blanco e Elena Espinosa, o presidente da Xunta e o secretario dos socialistas galegos ademais dunha ampla representación de delegados, afiliados e convidados. Congreso no que o rodeirense Roberto García optará a súa quinta reelección como secretario xeral. Cargo que ven ostentando nos últimos vintetrés anos.

-Pódese decir que alá van os mellores anos da miña vida pero pasaron con tal velocidade que casi non logrei darme conta.

-E a intención é continuar algúns anos máis...

-Non é momento de moitos cambios, pola situación que se está vivindo. É un congreso no que nos afianzamos como primeiro sindicato agrario e no que nos amosamos listos para intentar resolver os problemas que temos, que non son poucos. Coincidimos agora mesmo con dúas crises: unha que é económica, xeral e financieira e doutra parte unha crise sin precedentes no campo. Caeu a demanda de coches, por pór un exemplo, pero non sucedeu o mesmo cos produtos de alimentación. Foi o peor ano para os gandeiros, a situación non mellora, pero sí que son bos tempos para a industria. O exemplo que poño é moi clarificador, aínda que non é o caso da comarca, un quilo de pataca de Xinzo véndese a 0,4 céntimos pero no súper mércala a 0,60. O almacenista non lle fixo nada á pataca, nun pasou por ningún proceso, só especulou. A situación é tan mala que penso que acabará coa avaricia duns poucos. Por primeira vez penso que o goberno e a Xunta terán que facernos caso, de verdade, e non lles quedará outra máis que loitar para garantir os postos de traballo dos gandeiros. O campo quédase sen xente. -Medio cento de delegados, trescentos convidados e outro medio cento de afiliados son as cifras dun congreso no que haberá unha importante presenza do Deza...

-Non podería ser doutro xeito. O sindicato naceu aí e será a delegación máis importante. É onde temos máis afiliados, mil cincocentos, o que supón a aportación de 31 delegados ao congreso. O sindicato na comarca conta cun sistema organizativo extraordinario no que se desenvolveu un embrión de traballo en conxunto e que é un exemplo para toda Galicia. Se agruparon esforzos que era realmente o único xeito que había de competir.

-As cifras de abandono da actividade agraria son preocupantes...

-Dos 400.000 traballadores do campo quedan 85.000. É preocupante. Non hai relevo xeracional. É preciso dignificar a profesión.