Lalín celebra o 10 de decembro o centenario de Varela Buxán e programa actuacións de Candido Pazó e a Banda
28 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.O Concello de Lalín programou sete actividades para o vindeiro mes de decembro, dende representacións teatrais ao Concerto de Fin de Ano da Banda de Lalín ou exposicións. Cunha mostra, o vindeiro venres 4 de decembro a partir das 20.30 horas no museo Ramón Mª Aller ábrese esta programación: co título 3.0, Marta e Paula Montoto así como Lidia Poza mostran os seus deseños e fotografías, feitas ao longo dos seus estudos de diseño textil e moda.
O xoves 10, Lalín lembra a Varela Buxán con motivo do centenario do seu nacemento: será a partir das 20.30 horas no museo, cunha mesa redonda como preámbulo, coa participación da concelleira de Cultura Nuria Rodríguez Carral, así como os escritores Daniel González Alén e Xosé Vázquez Pintor. O grupo teatral Os Abrentiños, de O Foxo, poñerá en escea Salaios dun vello labrego, con dirección de Xosé Luna e participación de Estela Martínez e Miguel Otero. Como colofón, proxectarase o documental da serie Galegos adicado a Manuel Daniel Varela Buxán, de Tranquilo Producciones de Arxentina e Off Films, de Galicia. Conta coa participación de Paco Lareo, o xornalista arxentino Pablo Corlero, Valentín García, Rómulo Berruti, Manuel Méndez -sobriño político de Varela Buxán- e Xosé Vázquez Pintor.
Xa o venres 11 de decembro, será o turno de Cándido Pazó e as súas Historias tricolores, a partir das 21.30 horas no Salón Teatro: é unha das actuacións incluidas no convenio con Caixanova, e o prezo das entradas está pendente de fixarse.
Unha semana despois, o venres 18 A Carballeira de Cercio, en igual horario e escenario representa Afío cantigas, na que un afiador ambulante narra as súas peripecias por toda Galicia. O luns 21 no museo, a partir das 19 horas, presentarase o libro El árbol del pan, de Flavio Morganti, de editorial Everest. Segundo o autor, trátase dun romance gastronómico, no que se defende o significado da castaña.
Concerto de Fin de Ano
Polo que se refire ao tradicional Concerto de Fin de Ano, terá lugar o sábado 26 de decembro a partir das 20.30 horas no auditorio municipal: Bram Sniekers dirixirá a Banda de Lalín nunha das actuacións más seguidas do ano.
Por último, o martes 29, no museo e ás 20.30 horas, actúa Fantoches Baj, con Sinda, Linda, Casilda, Ramón e o Demo Cobillón, sobre contos de Italo Calvino, Álvaro Cunqueiro e dous romances tradicionais portugueses adaptados por Ignacio Vilariño.