Del Caño percorre a biografía de Isaac Díaz Pardo no libro «O contencioso de Sargadelos»

La Voz

DEZA

O xornalista ourensán Xosé Manuel del Caño presentou na Libraría Couceiro O contencioso de Sargadelos , un libro do que é protagonista Isaac Díaz Pardo, que asistiu á presentación da obra publicada por Linteo.

O autor fai un percorrido pola biografía persoal, artística, intelectual e de empresario comprometido con Galicia de Díaz Pardo partindo dunha longa entrevista e dos acontecementos que hai dous anos o apartaron da dirección do grupo Sargadelos, que puxo en marcha con apoio dos intelectuais galegos do exilio. Del Caño explicou que o empresario enterouse «ao interceptar unha carta que lle confirmou a trama contra del, e mesmo o intento de acabar coa súa vida».

Díaz Pardo dixo que a entrevista é de hai dous anos «é dende aquela pasaron cousas como que o Grupo Sargadelos estase vindo abaixo». Expresou a sospeita de que detrás «hai un interese político en destruír esta obra». A súa demanda está paralizada, pero mostrouse esperanzado «porque fixeron tantas burradas no xulgado que o poder xudicial anuncioume que abrirá expediente para averiguar que hai detrás».