pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.deza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Entrevista | paco penas fotógrafo «A fotografía é como saír a pescar, hai días que nada»

Con motivo da novena Forxa Literaria, que se celebrará na Solaina de Piloño, Penas amosará case medio cento de fotos

Autor:
Amelia Ferreiroa
Fecha de publicación:

Naceu en Dorvisou (Vila de Cruces) e leva dezaoito anos vivindo no sur de Tenerife pero sente a necesidade de respirar aire da terra. Acaba de rematar estes días o Camiño de Santiago, que realizou co seu fillo Uxío en Pedrafita e en breve amosará parte do seu traballo fotográfico na Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño.

-¿Que tipo de fotos poderemos ollar na Xuntanza Literaria de Piloño?

-Parte das fotografías que exporei na Solaina de Piloño xa se puideron ver na mostra Crucesarte, no Auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces, e outras forman parte dunha tirada que fixen no Corpiño. As fotos de O Corpiño foron feitas todas elas nunha soa mañán. Son primeiros planos, moitas caras que me chamaron a atención e que fun captando ao longo das horas.

-¿Blanco e negro ou cor?

-Empecei facendo foto en blanco e negro pero persoalmente opino que o cor é moito máis práctico.

-¿Dende cando se adica, por certo, á fotografía?

-Cóntoche. Eu quería ser poeta, logo pintor e acabei sendo taberneiro. Cousas da vida... E agora con 46 anos, poetizo a miña vida a través da fotografía. Mira, a fotografía é como saír a pescar, hai días que nada e outros voltas co cesto cheo. Algunha xornada saes enormemente inspirado e outros non atopas nada que che chame a atención. É coma todo, podes voltar á casa con moito material bo, con pouco e malo... Depende. No caso de O Corpiño, na mañán en que estiven alí, tirei preto de catrocentas fotos pero logo só escollín unhas corenta.

-Acaba de rematar o Camiño de Santiago antes de colgar as súas creacións na Fundación A Solaina, ¿como foi a experiencia?

-Primeiro, o motivo polo que decidín facer o Camiño de Santiago foi por unha búsqueda pero tamén co propósito de facer fotos. O camiño é coma unha moza que che dá bicos e labazadas. É unha experiencia diferente na que sentes alegría e dor, cansanzo, non sabes se conseguirás erguerte ao día seguinte para continuar pola dor que sentes no corpo. O que sí che podo decir é que xa estou pensando en voltar a facelo. Empezalo de novo de Compostela a Finisterre, pola mariscada que alí me poderei pegar claro.

-¿Cantas fotos tirou ao longo deses días?

-Fixemos o meu fillo Uxío e máis eu o camiño en sete días e creo que teño feitas unhas catro mil fotografías. Estiven xogando co movemento. De feito a exposición que pretendo facer con dito material se podería titular Xogando co Movemento. É unha idea que se me ocurriu recentemente pero non está pechado o título. O primeiro é estar na Solaina.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | paco penas «A fotografía é como saír a pescar, hai días que nada»

Con motivo da novena Forxa Literaria, que se celebrará na Solaina de Piloño, Penas amosará case medio cento de fotos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«A fotografía é como saír a pescar, hai días que nada»
Penas -á esquerda- con dous coñecidos en Tenerife
Autor de la imagen: | M. MÍGUEZ
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.deza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.deza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.deza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.